COMIC DIVULGATIVO 19-11-2009 GTM 1 @ 23:39
macaspi —Coñecía Darwin a serpe das 7 cabezas?
A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (FCEER) sumouse ao programa da Semana da Ciencia coa presentación dun cómic divulgativo, Coñecía Darwin a serpe das 7 cabezas? , escrito e debuxado pola autora ourensá Idoia de Luxán. O coordinador do proxecto e técnico do CEER, Fran García Quiroga, expliccou que o baixo interese da poboación pola ciencia, arredor dun 15%, fai necesarias accións como esta obra.
-O cómic é a maneira de chegar á xente de 15 a 24 años, porque se hai que buscar formas de achegarse a este sector ten que ser conectando co seu mundo, no que o consumo decántanse polo cómic, os videoxogos e os concertos.
A protagonista da historia, Mariña, é unha moza moderna, lonxe do estereotipo da rata de laboratorio, porque un dos eixos do proxecto é divulgar o papel da muller como científica. Ten outros dous, que son a teoría evolucionista de Darwin, e amosar que a carreira científica é atraínte profesionalmente.É un cómic cun certo rigor científico,a mellor vía, para axudar a vencer prexuízos e estereotipos.
Pódese descargar na dirección: http://www.fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=724
videos 15-11-2009 GTM 1 @ 20:17
macaspi —Vou colocar os videos,do meu interés,que vai encontrando

Chúzao
del.icio.us